Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

BASES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


MUMI - V ENCONTRO PROFESIONAL DE MÚSICA DE GALIZA E PORTUGAL


PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS ARTÍSTICAS PARA PARTICIPAR NOS SHOWCASES

PERÍODO DE INSCRICIÓN: ata o 30 de abril de 2024

  • Poderán presentarse todas as bandas ou artistas de Galiza e Portugal que teñan un proxecto musical de carácter profesional, independentemente do tipo de formación ou estilo.
  • As propostas participantes serán escollidas por profesionais do sector, seguindo non só criterios de calidade, senón tamén de viabilidade dentro dos propósitos e características da feira.
  • A organización pactará as condicións económicas con cada banda/artista, dependendo do número de compoñentes.
  • A organización cubrirá unha noite de aloxamento para as bandas/artistas seleccionadas, se é preciso.
  • A organización garante o equipamento técnico necesario para a correcta realización da actuación.
  • A banda/artista deberá presentar as altas na Seguridade Social de todos e todas as músicas e técnicas.
  • A banda/artista deberá cumprir cos horarios e tempos que se indiquen desde a organización.
  • A banda/artista permitirá ao MUMi a realización de fotografías e gravación de vídeo, cedendo os dereitos deste material para uso unicamente promocional.

 

INSCRICIÓNS PROFESIONAIS
PERÍODO DE INSCRICIÓN: ata o 8 de setembro de 2024

  • Poden participar nas actividades profesionais do MUMI as empresas de produción e management, axencias de booking, festivais, responsables de programacións musicais, profesionais da xestión cultural, persoal técnico dos departamentos de Cultura das diferentes institucións, xornalistas, e calquera persoa relacionada profesionalmente coa industria musical, para descubrir de primeira man novas propostas, establecer redes de contacto, compartir ideas e crear sinerxías sólidas.

  • A participación de profesionais é gratuíta e dá acceso a todos os showcases e espectáculos do evento, así como á zona profesional con actividades para a industria musical como speedmeetings, palestras, sesións informativas, etc.

  • As inscricións estarán abertas ata o 8 de setembro, unha semana antes da celebración do evento, para facilitar a posibilidade de axendar encontros con profesionais e artistas e de confirmar praza para asistir a todos os showcases, palestras e sesións de traballo.


O MUMi 2024 terá lugar os días 12, 13, 14 e 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença.

 

 

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa